O Triatlón Ferrol soña con repetir medalla no campionato galego de dúatlon contra o reloxo

O Triatlón Ferrol no Campionato Galego en 2018 | Triatlón Ferrol

Despois de ser subcampións en 2017, os homes do Triatlón Ferrol sábense capaces de todo no campionato galego de dúatlon contra o reloxo por equipos.

Nun formato no que a compenetración e a regularidade son fundamentais, Iván Puentes e Marcos Ruiz liderarán o equipo que completan o veterano David Arias, o sub-23 Pablo Pedrosa, o junior Juan Rejas e os cadetes Jorge Morado e David Campos.

Na proba aberta á participación de máis equipos, o club ferrolán contará con Marcos Caneiro, David García, Luis Gómez, Roberto Martínez e Francisco Javier Pena, no conxunto B, e Alberto Caneiro, Borja Catrufo, Emilio Fernández, Álvaro García, Luis Rilo, Ricardo Fernández e Santiago Santalla, no equipo C.

A proba celebrarase o sábado á tarde con saídas continuas en formato contra o reloxo, onde cada equipo deberá chegar cun mínimo de catro duatletas á meta despois de completar 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km a pé.

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …