A posta en servicio de 4 novas áreas con alumeado led aforrará preto de 100.000 € a Narón

«Concello de Narón continúa avanzando en materia de eficiencia enerxética, executando e rematando actuacións orzamentadas no seu día nesa área. Con cargo ás actuacións para a implementación da tecnoloxía led no alumeado público as arcas locais aforrarán unha partida duns 98.500 euros anuais en gasto enerxético», tal e como sinalou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A posta en servizo do novo sistema mellorará considerablemente o alumeado en Xuvia, no Alto, en Freixeiro e no Camiño do Pino, estando actualmente executados os traballos correspondentes a esta última zona. «Neste caso o consumo de Kw reducirase ao ano en 98.000, o que se traducirá nun aforro estimado, nese mesmo período, de 20.000 euros.»

Os traballos proxectados no barrio de Xuvia para a implementación do alumeado led comezarán a desenvolverse previsiblemente esta mesma semana, tal e como recordou a rexedora local. Neste barrio xa se realizaron actuacións nesta área, concretamente na zona do parque infantil e en dotar de puntos de luz á senda que dirixe á pasarela peonil que comunica os municipios de Narón e Neda. Esta nova actuación permite cambiar un total de 170 luminarias localizadas nunha trintena de viais deste barrio. En Xuvia o consumo anual descenderá en 144.000 Kw e a factura eléctrica nuns 15.000 euros.

Así mesmo, está pendiente o inicio dos traballos proxectados no barrio do Alto do Castiñeiro e na zona de Freixeiro, donde o alumeado público de varias vías pasará a ser de tecnoloxía led. No primeiro dos casos o consumo rebaixarase en 169.000 Kw e no de Freixeiro en 131.000, o que representará un aforro estimado en 35.500 e 27.500 euros, respectivamente.

Desde o goberno local destacouse que a maiores da rebaixa no consumo, co que iso supón de cara a reducir as emisións de dióxido de carbono á atmósfera e dos gastos de mantemento do servizo, tamén se continúa avanzando de cara ao cumprimento dos obxectivos marcados desde a Unión Europea para o ano 2020, reducindo nun 20% as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …