O BNG censura a publicidade de Caritas nos recibos de EMAFESA

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol censura a decisión do goberno local de inluir no recibo de Emafesa publicidade de Caritas “así como formularios de afiliación a esta entidade empregando os datos persoais en poder dunha administración pública para promocionar o traballo dunha entidade privada e ademais de carácter confesional”.

Dende o BNG consideran esta decisión como “un erro do goberno municipal que cando menos debería dar conta dos motivos que o levaron a tomar esta postura vulnerando o carácter aconfesional e a equidade que deben primar nas actucións das administracións públicas e decidiu tomar postura por unha entidade social en detrimento doutras que tamen actuan no noso concello“.

Dende o BNG non queren nin deben minusvalorar o traballo que desenvolve esta entidade que en moitos casos complementa e cubre as carencias das administracións públicas no eido da inclusión social e para o que mesmo recibe axudas públicas incluidas axudas municipais “pero debe ficar fora dos recibos municipais“.

Lea también

Sentimiento Ferrolano hace público el equipo con el que concurrirán a las elecciones municipales

Sentimiento Ferrolano ha emitido un comunicado en el que da cuenta de los miembros de …