O Triatlón Ferrol, sétimo de Segunda no nacional de dúatlon por relevos mixtos

O Triatlón Ferrol en Punta Umbría | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol comezou a liga nacional de dúatlon coa aspiración de manterse en Segunda División cun sétimo posto no relevo mixto e unha undécima posición no campionato de España por clubs en Punta Umbría.

Na modalidade por relevos, a posta de Carmen Jiménez foi fundamental para comezar a escalar posicións e achegarse ao top-20 da xeral pero, especialmente, para adiantar a rivais da categoría de prata. A ferrolá alcanzou ás duatletas do Olímpico de Vedra e do Europa aragonés para ir con elas no ciclismo e tamén tomarlle a dianteira ó Albacete. No último relevo, Iván Puentes fixo unha bici soberbia para deixar atrás os deportista do Europa e o Bicicletas Pina para correr en solitario e cruzar a meta como o 22º clasificado, sétimo club de Segunda.

No formato por clubs, Iván Puentes e Marcos Ruiz encabezaron o equipo departamental de dez integrantes que conseguiron todos puntuar para o Triatlón Ferrol, aínda que botando en falta a Pablo Pedrosa, baixa de última hora e que foi substituído por un Juan Rejas aínda non ao 100% tras lesión.

Lea también

O Parrulo Ferrol se estrena en el Torneo Burela Bonita venciendo al Palma Futsal

O Parrulo Ferrol sigue progresando en esta pretemporada, tras imponerse por 3-2 al Palma Futsal, …