Narón celebra este xoves o Día mundial da poesía

O Concello de Narón celebra este xoves, coincidindo co 21 de marzo, o acto central do Día mundial da poesía, que terá lugar na Biblioteca municipal. O grupo poético Moraima deleitará ao público con esta actividade, que consistirá nun recital poético aberto á cidadanía en xeral e que dará comezo ás 19.30 horas, tal e como recordou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo. A edil naronesa convidou á veciñanza a asistir a esta convocatoria, para desfrutar do recital.

Na planta soto da Biblioteca abrirá o recital a escritora e mestra Aurora Varela, que estará acompañada, entre outros, polos tamén escritores e poetas Antón Cortizas, Francisco Pérez, Juan Carlos Valle e Francisco Vila, ademais doutros representantes do colectivo Moraima. A maiores, a actividade contará con música en directo, que nesta ocasión correrá a cargo de Eugenia Sanmartín e Julia María Dopico.

A edil naronesa recordou que as persoas que esta semana –ata o sábado- se acheguen á Biblioteca municipal recibirán como agasallo un poema, que poderán recoller na sala de infantil e na de adultos (nos respectivos mostradores). Ofrécese ademais con motivo do Día mundial da poesía a oportunidade de participar –ata o vindeiro venres- noutra proposta da Biblioteca, neste caso a través dunha rede social, Facebook (Biblioteca Pública Municipal de Narón), donde se poderán rematar estrofas de varios poemas escritos en galego e en castelán.

Lea también

El médico Javier Pereira Beceiro será el número 3 de la candidatura del PP de Narón a las municipales

Germán Castrillón, candidato a la Alcaldía de Narón por el PP, avanzó en la mañana …