Marián Ferreiro escoitou de primeira man as suxestións da veciñanza de San Mateo

«As xuntanzas veciñais “Xuntos/as decidimos! Somos barrios e parroquias” impulsadas polo equipo de Terra Galega, continúan recadando éxitos de participación. Cada vez son máis persoas ás que achegan a coñecer que se ten feito e que fará no seu barrio ou parroquia», segundo infórmase desde desde TEGA

«Este mércores,  ás 20.30 horas, foi a quenda de San Mateo. A candidata á Alcadía e actual alcaldesa, Marián Ferreiro, xunto con varios membros do partido Terra Galega reuniuse cos veciños da parroquia, no seu local social, recentemente reformado, onde o Concello inverteu un total de 122.800 € en melloras.

A candidata estívolles explicando todas as accións que se levaron a cabo durante o seu mandato neste lugar. Destaca o elevado investimento en pistas deportivas ao que se destinaron 207.300 €, tamén foron destinados 141.800 € a saneamento. Na liña de mellora da calidade de vida, tamén para a xuventude, renovouse a aula de informática, que contará proximamente con 10 ordenadores portátiles«.

Marián Ferreiro escoitou de primeira man as suxestións da veciñanza.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …