O recinto feiral do Trece acollerá a X Feira Multisectorial Agricola

O recinto feiral do Trece acollerá os días 13 e 14 de abril unha nova edición, a décima, da Feira Multisectorial Agrícola organizada polo Concello. A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou o evento, que reunirá a preto de medio cento de postos de venda de diferentes produtos, que permanecerán abertos de 11.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 20.00 horas. A entrada ao recinto é de balde e as persoas que asistan recibirán unha rifa coa que participarán nos sorteos de agasallos que se realizarán durante a mañá e a tarde, tanto o sábado como o domingo.

Produtos ecolóxicos, artesáns, antigüidades, plantas ornamentais e de horta, artículos de coiro, embutidos e xoguetes tradicionais, entre outros artículos, poderanse adquirir nos postos de venda instalados na Feira Multisectorial Agrícola, na que tamén haberá postos gastronómicos con polbo, churrasco, bolos preñados… Así mesmo, haberá unha exposición de maquinaria agrícola, de xardinería e forestal, donde se presentarán as novidades no sector e tamén se programaron demostracións do funcionamento dalgunha maquinaria, tal e como indicou a edil.

Un ano máis, os nenos e nenas que acodan terán a oportunidade de realizar diferentes actividades nos obradoiros que se impartirán ao longo do día, “nun espazo lúdico, á par que didáctico, para que se divirtan e aprendan algunhas nocións básicas de agricultura e decoración”, apuntou Gómez. Un equipo de monitores encargarase de ensinar aos menores a realizar un xardín ecolóxico, cadros de flores naturais… e tamén a xogar ao tres en raia, a oca ou o dominó, entre outros.

Para amenizar a convocatoria, un grupo musical actuará na sesión vermú do mediodía do sábado e o domingo da vindeira semana.

A concelleira de Feiras e Mercados convidou á veciñanza de Narón e doutros concellos a asistir a este evento, “unha das citas consolidadas no calendario de feiras da cidade e donde poden ver e adquirir unha gran variedade de produtos e maquinaria”.

Lea también

O BNG de Narón insta ao goberno local a facerse cargo da xestión do servizo de madrugadores

O BNG de Narón leva ao pleno de abril unha moción na que insta ao …