«Bica e arrinca» comeza a funcionar nos colexios de A Gándara e Santiago Apóstol, en Narón

Brinca e arrinca no colexio de A Gándara

O programa Bica e arrinca comezará a funcionar o vindeiro luns, día 8, nos colexios da Gándara e Santiago Apóstol. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que recordou que se trata dunha iniciativa coa que se aposta por promover zonas seguras de paradas de vehículos fronte aos centros educativos da cidade. O equipo de Educación Viaria do Concello de Narón impulsou este programa, xunto con outros como os Camiños Escolares Seguros, a través da Concellería de Seguridade Cidadá e Transporte Público. Con estes dous centros o programa queda implantado en tódolos colexios públicos e concertados da zona urbana da cidade, á espera de estudar a posibilidade de poñelo en marcha nos do CRA.

Os pais e nais do alumnado dos colexios da Gándara e Santiago Apóstol poderán facer uso a partir do luns das áreas habilitadas –con sinalización horizontal e vertical- para deixar aos seus fillos e fillas á entrada do recinto escolar. As paradas dos vehículos na zona delimitada para o Bica e arrinca poden realizarse entre as 8.30 e as 9.10 horas tanto no colexio da Gándara como no Santiago Apóstol. “Trátase de áreas para realizar unha parada durante un tempo limitado para que os nenos e nenas se baixen dos vehículos particulares con tódalas garantías de seguridade”, recordou Ferreiro. A maiores, con estas zonas evítanse as aglomeracións de vehículos nas inmediacións dos colexios ás horas nas que se rexistra unha gran afluencia de vehículos.

O que queremos a través desta iniciativa, que se complementa con outras relacionadas coa educación viaria, é promover entre as familias unha mobilidade segura no entorno escolar e contando en todo momento, como non podía ser doutro xeito, co consenso da comunidade educativa”, apuntou a alcaldesa.

“A través deste programa, desde o Concello respaldamos as medidas impulsadas a través da Fundación Mapfre sobre a seguridade nos entornos dos centros escolares da nosa cidade, que é primordial para as nosas veciñas e veciños”, recalcou Ferreiro.

O pasado mes de novembro o programa, que se estreou en Narón no ano 2017, implantouse nos colexios Ayala e Virxe do Mar e funciona tamén no Ponte de Xuvia, na Jorge Juan, na Solaina, en Piñeiros e no Feal.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

2 comentarios

  1. Luis María Taboada González

    Bica e arrinca es una buena idea, pero ridícula si la comparamos con lo que hay que hacer, no para dejar a los niños, sino para recogerlos.
    Cuando llevo a mi nieto al Tirso, en Ferrol, voy por la calle del Sol, paro unos segundos delante de la puerta, se baja y sigo. Apenas hice esperar cinco segundos a los coches que me seguían.
    Pero cuando lo voy a buscar, no lo dejan salir por la puerta mientras no vean a un familiar. Para estar presente, tengo que dejar el coche en algún lado y ESTE ES EL PROBLEMA, RECOGERLO, no dejarlo.

  2. Nos venden la noticia, como que esto lo inventó el equipo de Segurida Vial. Esto hace 20
    años que existe por Europa adelante.
    Otras vez más nos tratan como aldeanos.