A alcaldesa de Narón inaugurará este mércores no Pazo da Cultura o I Congreso Internacional On your bike!

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, inaugurará este mércores, ás 10.00 horas, a primeira edición do Congreso Internacional On your Bike!, no que participan o Concello de Narón e os colexios da Solaina, Virxe do Mar e Ponte de Xuvia, xunto con centros educativos de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía e Portugal. Alumnado e docentes deses centros europeos, unhas oitenta persoas, chegaban o pasado luns á cidade no marco do programa On your bike!, impulsado polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol e organizado polo Consistorio de Cardiff (Gales).

Este mércores

O pasado luns Ferreiro recibiu no salón de plenos a unha representación do colectivo europeo que participa na iniciativa, e mañá asistirá ao citado Congreso, que se desenvolverá ao longo de toda a mañá no Café Teatro do Pazo da Cultura. Un grupo de alumnas e alumnos dos tres colexios de Narón que participan no programa, xunto con outros dos centros europeos, amosarán uns vídeos nos que compartirán o traballo que en materia de educación viaria se está levando a cabo nos seus respectivos colexios.

O Congreso Internacional On your bike! convocouse para compartir experiencias e coñecementos relativos a esta área, na que a maiores da proxección o alumnado ofrecerá explicacións do traballo realizado nos seus países de orixe.

Así mesmo, a xornada matinal no Pazo da Cultura inclúe deste mércores unha visita guiada a estas instalacións municipais.

Xoves e venres

Na xornada do xoves o colectivo desprazarase ao colexio Ponte de Xuvia, donde ademais de coñecer o interior do centro os alumnos procedentes de europa e os docentes amosarán as vestimentas e comidas propias dos seus países de orixe. A maiores, está prevista unha marcha ciclista polo paseo marítimo de Xuvia ata o estanque de mareas, localizado no veciño municipio de Neda.

Por último, o venres está programa a visita ao CEIP Plurilingüe Virxe do Mar, tamén cun percorrido polas instalacións do centro, unha xincana de habilidades coa bicicleta e o deseño dun circuíto de educación viaria no propio centro.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …