Membros de Tega mantiveron un encontro con veciños de San Xiao

As xuntanzas veciñais»Xuntos\as decidimos! Somos barrios e parroquias» impulsadas polo equipo de Terra Galega, chegan, de momento, ao final do seu percorrido previsto.

Este luns pola tarde, ás 20.30 horas, no Local Social do San Xiao, a candidata de Tega á Alcaldía de Narón e actual alcaldesa, Marían Ferreiro,  xunto con outros representantes do partido,  estivo conversando coa veciñanza e «explicando importantes avances que se fixeron na parroquia«, un lugar moi especial para ela por ser onde se criou e onde reside.

Según Tega «Na parroquia invertéronse un total de 76.1000 € na rehabilitación de diferentes puntos. Tamén destacan as melloras no local social por un importe de 30. 900 euros no acondicionamiento, adaptación do aseos e reforma do cuberta«.

Con este destino conclúen as reunión veciñais do equipo de Terra Galega na cidade de Narón, aínda que está previsto que tanto o equipo do partido como a actual alcaldesa sigan celebrando este tipo de eventos, como asegurou a mesma “Estas xuntanzas permintennos coñecer as necesidades e as propostas máis directas da nosa cidadanía, por eso creo que é moi importante que este tipo de eventos sigan organizándose, para que entre todos e todas sigamos construíndo o Narón que queremos”.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …