O ferrolán Iván Puentes, no campionato de España de dúatlon elite

Iván Puentes nunha proba | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol acudirá esta fin de semana ao campionato de España de dúatlon con seis homes que tentarán manterse na Liga de Segunda División.

O conxunto ferrolán, que actualmente é oitavo a case 20 puntos do descenso, estará liderado por Iván Puentes, recente campión galego da disciplina e que competirá entre a elite nacional.

Nos seus respectivos grupos de idade, Pablo Pedrosa, Ricardo Fernández, David Arias, Juanchi González e Jaime Ruiz completarán o equipo co obxectivo de lograr a mellor posición posible na última xornada de liga.

En categoría feminina, sen presión, Tere Barreira presumirá do seu bronce no campionato galego na proba que se celebrará en Soria.

Na base, a Escola Javi Gómez Noya presentará os cadetes Jorge Morado, Alejandro Rodríguez, David Campos, Álvaro Ordiales, Hugo Prida, Rubén Morado, Manuel Romero, Uxío Valiño, Carmen Jiménez, Alba Méndez e Carlota Teijeiro e os junior Juan Rejas e María Álvarez.

Lea también

A Deputación destina 553.000€ para financiar ata 80 entidades deportivas da provincia

A Deputación da Coruña vén de conceder un total de 80 axudas a diferentes entidades …