Presentada unha nova edición de NaronNiño

O Concello de Narón organiza unha nova edición, a terceira, de O NARÓNiño. O lugar onde xogan as meniñas e os meniños”. Coincidindo co período vacacional de Semana Santa o pavillón polideportivo Campo da Serra, en Santa Icía, acollerá o evento os días 19, 20 e 21 de abril, tal e como anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que presentou esta cita acompañada pola edil de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida. As persoas que desexen asistir –a entrada é de balde- poderán facelo durante os tres días de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Ferreiro animou ás veciñas e veciños da cidade, e tamén doutros concellos, a acudir a esta nova edición de O NARÓNiño, “unha iniciativa municipal cun gran éxito de acollida e da que cada ano gozan máis familias”.

A alcaldesa da cidade avanzou as novidades programadas para este ano, como a prevista para o espazo mini, que contará con dúas zonas exclusivas para nenos e nenas de entre dous e catro anos. Todos eles terán a oportunidade tamén de gozar en O NARÓNiño xogando con Playmobil 123 e outras opcións como Carrera Go First, nunhas pistas especialmente deseñadas para nenas e nenos desas idades e cos Junior Rolly Toys, sobre construcción. O resto de menores, de maior idade, poderán tamén gozar de propostas como Carrera, con pistas de escalextric, Playmobil, Superzings, e os Rolly Toys. Os participantes optarán a varios agasallos, da man de Superzings, e tamén se repartirán diplomas aos nenos e nenas nas zonas de xogo.

A exitosa proposta dos obradoiros Menuda Cociña chegará de novo esta Semana Santa a O NARÓNiño, donde os nenos e nenas poderán convertirse por un tempo en grandes chefs coa axuda dos monitores. A proposta, ofrecerá un total de 160 prazas cada día, para as que é preciso inscribirse previamente, pero xusto antes do inicio de cada unha das quendas, que serán en horario de mañá e tarde. Pola mañá serán de 12.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.00 a 18.00; de 18.00 a 19.00 e, o último, de 19.00 a 20.00, cun máximo de corenta prazas para cada un deles, repartidas en dous obradoiros simultáneos.

Haberá tamén un pequeno espazo cun photocall, donde os asistentes poderán inmortalizar a súa asistencia a esta nova edición de O NARÓNiño, donde tamén haberá figuras xigantes de Playmobil e vitrinas con dioramas.

En canto á organización, recordouse que os pais e nais, titores ou adultos responsables dos nenos e nenas non poden esta na zona delimitada de xogo pero deben estar obrrigatoriamente dentro do recinto cos menores. Así mesmo, está prohibida a entrada de animais de compañía ao pavillón polideportivo Campo da Serra e tamén comer dentro da zona de xogo. Por último, desde o Concello indicouse a obrigatoriedade de cumprir as indicacións que en cada momento marquen os monitores das diferentes actividades, para o correcto desenvolvemento desta convocatoria. Desde o Consistorio naronés agradeceuse a colaboración prestada como patrocinadores do evento por Abanca, Gadisa, o Grupo Imaxina e o parque infantil Bule Bule.

O NARÓNiño é xa todo un referente para as familias non só de Narón, senón tamén da comarca en canto á divesificación do ocio na tempada de Semana Santa”, destacou a alcaldesa. Ferreiro subliñou que “apostamos por ofrecer novas propostas á veciñanza para que poidan gozar en familia, e de balde, de tres días de xogo con múltiples propostas para nenos e nenas de diferentes idades

Lea también

El médico Javier Pereira Beceiro será el número 3 de la candidatura del PP de Narón a las municipales

Germán Castrillón, candidato a la Alcaldía de Narón por el PP, avanzó en la mañana …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *