Marea de Ferrol continúa cos seus contactos para elaborar un programa participativo

Reunión de Marea de Ferrol en San Xoan | Marea de Ferrol

A Marea de Ferrol continúa coa súa rolda de contactos coas entidades sociais ferrolás de base territorial e sectorial. Tratan de recoller as preocupacións e iniciativas do tecido asociativo, ao tempo que contrastan as súas propostas programáticas.

O pasado martes 9 de abril xuntábanse coa Asociación de Veciñas do Ensanche no Centro Carvalho Calero, e o 11 de abril participaban nun encontro veciñal coa Asociación de Veciñas do Barrio de San Xoán de Filgueira, no seu local social.

En todos os encontros nos que estan participando constatan «a evidencia do abandono xeralizado dos equipamentos municipais e o deterioro da relación entre a institución e o tecido social, así como preocupacións máis específicas de cada lugar ou sector«.

«O transporte público, a seguridade nos barrios, o tráfico, a falla de atención ás persoas maiores, a epopea da ausencia de desbroces, o servizo de auga e saneamento, a ausencia de equipamentos deportivos, sanitarios, sociais e culturais«… son algunhas das cuestións comentadas nestes encontros veciñais.

Desde a Marea de Ferrol, ademais de recoller as demandas veciñais, explican as liñas estratéxicas do se programa e insisten «na necesidade de articular procesos participativos de base en cada barrio, para acadar acordos amplos que orienten o traballo municipal a desenvolver no medio e longo prazo«.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …