Damián Suárez logra o número 1 galego de atletismo e entra no top 5 nacional

Damián Suárez no máis alto do pódio | Club Natación Cedeira Muebles García

Durante o pasado sábado 6 de abril nas pistas de atletismo de A Malata, o atleta da categoría sub14 (infantil) Damián Suárez, conseguíu unha excelente marca na proba de 2000m lisos, que o sitúan como número 1 do ranking galego e entra no top 5 do ranking nacional, preto da Mellor Marca Nacional da súa idade.

A súa evolución está sendo moi constante e os seus éxitos son froito do bo traballo que está a realizar día a día no Club Natación Cedeira Muebles García e que xa leva destacando tanto no atletismo como no triatlón, no que é Campión Galego nas últimas tempadas.

Trátase dun gran éxito para este xove atleta e que demostra o bo nivel do deporte da comarca de Ferrolterra.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …