A comarca terá representación na mesa redonda do fútbol sala feminino da RFGF en A Coruña

Pili Costa – O Parrulo Ferrol

A Real Federación Galega de Fútbol organizará diferentes actividades paralelas, con motivo da fase final da Copa Galicia de fútbol sala femenino, ente as que destaca unha mesa redonda para tratar diferentes asuntos relacionados coa actualidade do Fútbol Sala Feminino, co título de «Presente e Futuro do Fútbol Sala feminino despois dos éxitos internacionais», onde estará a segunda adestradora de O Parrulo Ferrol, Pili Costa.

Para iso, este mércores 17 de abril ás 20 horas na sede da Real Federación Galega de Fútbol na Coruña (Juan de Ciorraga, nº 3 15008, A Coruña ), terá lugar unha mesa redonda coa participación de diferentes deportistas da especialidade, así como persoas relacionadas co deporte feminino en diferentes estamentos (xogadoras, árbitras, dirixentes, adestradoras…).

Neste evento participarán Irune Santesteban e Manuel del Castillo Coello en representación do Viaxes Amarelle, anfitrión do torneo; Ceci Puga e Daniella Sousa representando ao Poio Pescamar, un dos clubs galegos na Primeira División; e Raquel Manteiga para dar voz ao estamento arbitral.

Outros dos convidados a esta mesa redonda son Juan José Garcia Camiño (presidente do Poio Pescamar), Pili Neira (exseleccionadora galega de Fútbol Feminino), Pili Costa (segunda adestradora do O Parrulo Ferrol) e Estefanía (seleccionadora galega infantil). A encargada de moderar a actividade será María Varela.

Lea también

O Club Kang competiu na 6ª Edición Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra

Este sábado o Club Kang, clubes de taekwondo e Kickboxing, con sede en Fene e …