Máis de 200 promesas compiten este domingo en Fene na final provincial de dúatlon escolar

Duatlón Escolar 2017 – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol organiza este domingo en Fene a final provincial de dúatlon escolar, dentro do circuíto Xogade da Xunta de Galicia.

No paseo marítimo de San Valentín daranse cita máis de 220 canteiráns cos compostelanos do Arcade Inforhouse como o máis representado da proba, con 46 duatletas, seguidos da Escola Javi Gómez Noya con 41 duatletas.

En canto o percorrido, os deportistas comezarán correndo polo paseo para despois coller as súas bicicletas na transición situada xunto o pavillón municipal da Xunqueira e rodar ata Barallobre en distancias adaptadas segunda a idade de benxamíns, alevíns, infantís ou cadetes.

As probas darán comezo ás 10.15 horas e os oito primeiros de cada categoría, máis todos os compoñentes dos dous mellores equipos, conseguirán o seu pase para a final galega de dúatlon escolar.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …