O BNG de Narón e Neda aposta pola recuperación da ría como motor económico e espazo de ocio para as familias

O Bloque Nacionalista Galego reivindicou no mediodía deste domingo na ponte peonil de Xuvia o valor da ría de Ferrol como motor económico e espazo de ocio pendurando unha pancarta co lema “A nosa ría é vida. Queremos vivir e gozar dela”.

As candidatas da organización nacionalista ás Alcaldías de Narón, Olaia Ledo, e Neda, Cristina Bouza, reclamaron das administracións os fondos necesarios para acometer unha serie de investimentos para mellorar as condicións ambientais da ría e potenciar así as posibilidades que ofrece unha contorna natural dun valor excepcional.

Así, demandaron investimentos para facer efectiva a integración da ponte do tren na da autoestrada e a reforma da ponte das Pías, coa habilitación de pasos de auga, que permitan unha mellor circulación da auga. “Son medidas”, explicaron as candidatas do BNG ás Alcaldías de Narón e Neda, “que o BNG propuxo cando tivo presenza no Congreso dos Deputados, e cremos que serían necesarias para recuperar a actividade económica da ría e para facer dela un espazo de gozo para as familias –impulsado as actividades acuáticas, por exemplo- e de interese turístico, xa que a carón deste ecosistema temos un conxunto patrimonial e arquitectónico dun valor excepcional”.

Ledo e Cid fixeron un breve repaso pola historia da zona de Xuvia na que resaltaron a importancia que tivo para a súa economía a ría de Ferrol. “Para iso”, subliñaron, “é fundamental a implicación das administracións; só dese xeito poderemos dicir que verdadeiramente vivimos de cara ao mar”.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

Un comentario

  1. Para ser un bloque están más bien poco cohesionados: ¿Dónde están el resto de candidatos de la Ría de Ferrol? Y no menos importante ¿Un partido que defiende la independencia de Galicia defiende que las distintas administraciones tienen que unirse para proteger la ría y por eso defienden su presencia en el parlamento español? Curiosa y paradójica contradicción; yo preferiría que explicaran por qué van con Bildu a las europeas.