Alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón actuará este luns no Auditorio municipal

As Mostras de Traballo Escolar da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón continuarán este  luns, no Auditorio municipal, na Praza de Galicia. Nesta ocasión será o turno do alumnado do curso Practicum, que remata as clases sobre o xénero teatral da Commedia dell´Arte, un xénero que nace na Italia do século XVI, creado a partir de improvisacións e con personaxes estereotipados. A cita será ás 20.30 horas e as persoas interesadas en asistir poden facelo, de balde, ata completar o aforo do Auditorio.

O director, Pablo Sánchez, e profesor de Teatro Físico da Escola e director desta Mostra de Teatro, impartiu neste Practicum un obradoiro de Teatro de Máscara, centrado nos diferentes tipos de máscaras que hai no mundo. Este luns actuarán: Luís Pillado, Cris Balseiro, Alejandro Martín, Susana Mauriz, Brais Rey, Chani Hernández, Carmen Caeiro, Adelaida Abad, Marián Rei, Xone Sanlópez e Ana Castro.

Dende o Padroado da Cultura de Narón convidouse á veciñanza da cidade e doutros concellos a asistir a esta cita, para gozar do teatro de máscaras durante a media hora que aproximadamente durará a representación programada no Auditorio.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …