Uns novecentos alumnos de centros públicos de Narón presentan no Pazo da Cultura traballos do XXX Certame Intercentros

Alumnado de centros educativos da cidade presenta este luns e e martes no Pazo da Cultura os traballos realizados para a trixésima edición do Certame Intercentros, que este ano coordina o colexio de Piñeiros, en colaboración co Concello. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, desprazouse na mañá deste luns ao Pazo para ver o resultado de parte destes traballos, destacando a importancia deste certame en canto ao que supón para “a dinamización a nivel participativo das alumnas e alumnos dos colexios públicos de Narón, de diferentes idades, co gallo do Día das Letras Galegas”.

Preto de trescentas alumnas e alumnos participaron na convocatoria deste luns, que deu comezo ás 10.00 horas. Foi o turno do IES Terra de Trasancos e dos colexios da Gándara, Piñeiros, Ponte de Xuvia, O Feal, Virxe do Mar e a escola do Val, do CRA de Narón –de terceiro a sexto de Primaria e de segundo e cuarto curso da ESO-. As modalidades presentadas nesta xornada foron as de Teatro, Expresión oral e Canción.

Este martes

A programación continuará este martes, coa participación de preto de seiscentas alumnas e alumnos de educación Infantil do CRA, e dos colexios de Piñeiros, Ponte de Xuvia, A Solaina, O Feal, Virxe do Mar, e da aula de educación Infantil de Freixeiro –nenas e nenos de cuarto, quinto e sexto de Infantil e tamén de primeiro e segundo curso de Primaria-. En canto ás modalidades, representaranse os traballos correspondentes a Canción, Dramatización, Teatro, Recitado e Expresión Oral.

O alumnado comezou a traballar neste certame, nas súas respectivas aulas, o pasado mes de febreiro e a maiores dos correspondentes ás categorías de Expresión oral, xa se entregaron os Murais, Contos ilustrados ou Cómics, Poesía, Narrativa, Teatro escrito, Audiovisual, Reportaxe Xornalística e Canción en galego, ademais do cartel anunciador deste certame, que corresponde ao alumnado do colexio de Piñeiros, como centro educativo organizador desta edición do Certame Intercentros.

Parte dos traballos exporanse na entrada do Pazo da Cultura e o fallo dos diferentes premios valorados en conxunto en 8.000 euros- darase a coñecer o vindeiro 16 de maio no Pazo da Cultura, donde se procederá á entrega dos mesmos, tal e como avanzou Taibo.

Lea también

Prisión para un hombre que robó dinero y tranquilizantes en una farmacia en Narón a punta de cuchillo

El titular del Juzgado de Instrucción número 3 de Ferrol ha decretado el ingreso en …