O Esteo gaña ao Leis Pontevedra no último encontro diante da súa afección

Instante do partido ante o Leis Pontevedra | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala puxo fin á tempada na casa con unha boa e sufrida vitoria ante o Leis Pontevedra, que empatou o partido por tres veces. Aos ponteses aínda lles quedaría un último partido na Fraga ante o Prone de Lugo, pero como xa non está na competición daráselle por gañado 7-0.

No encontro deste sábado marchouse ao descanso con 0-0, pero nada máis reanudarse o xogo, adiantaba Rober Paz ao Esteo cun tiro cruzado e moi ben colocado (21´), pero empataban os visitantes nunha xogada na que parou Javichu en primeira instancia, pero nun segundo remate Sancho acaba marcando (24´).

Logo, tras unha perfecta combinación entre Cokito e Troncho este último facía o 2-1 a pracer (26´), pero voltaban a empatar os da cidade do Lérez cun suposto gol no que tan só a colexiada viu que o balón traspasara a liña (27´).

Noutra xogada perfecta, cede Rober dende banda, deixa pasar Pana e marca de forte disparo raso Alex Durán (31´), aínda que por terceira vez empatarían os brancos nunha xogada na que quedou moi só Nico (36´). Ambos equipos estrelaron un balón no longueiro neste segundo período, polos locais Alex Durán.

Preto do final, noutra boa xogada de equipo era Pana o que lle servía o balón a Jacobo que con suspense o empurraba ao fondo das mallas facendo o 4-3 e o seu 28º gol da tempada igualando o récord de 28 goles na Segunda B de Martín (37´).

Xa con porteiro xogador sentenciou Javichu faltando trinta segundos, anotando dende a súa portería, marcando deste xeito o seu segundo gol da campaña. O Esteo é sétimo con 44 puntos e restalle visitar a Zamora e Boal.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Rober, Jacobo – cinco inicial – Héctor, Pana, Troncho, Dani.

LEIS PONTEVEDRA FS: Alex, Nico, Sancho, Toño, Berto – cinco inicial – Miguel, Barcala, Lucas, Dani, Gabri, Ezra.

GOLES: 1-0, Rober Paz (21´), 1-1, Sancho (24´), 2-1, Troncho (26´), 2-2, Miguel (27´), 3-2, Alex Durán (31´), 3-3, Nico (36´), 4-3, Jacobo (37´), 5-3, Javichu (40´).

ÁRBITROS: Mantiega Rodríguez, Dans Rey, Modroño Liz (A Coruña). Amarelas a Cokito, Troncho, Javichu, Nico e Barcala.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Lea también

Rubén Orzaéz, Premio Hyundai al jugador más regular de O Parrulo Ferrol

O Parrulo Ferrol jugaba el pasado sábado delante de su afición recibiendo al CD Leganés. …