Ángel Mato promete impulsar un plan estratéxico de turismo consensuado co sector

Ángel Mato | Adán Puentes

O candidato socialista á alcaldía, Ángel Mato, avanzou, no marco dunha xuntanza con representantes da Asociación de Hostalería de Ferrol, que se acada a confianza da cidadanía o 26 de maio traballará “coa prioridade de atraer máis turistas á cidade”.

Para deseñar as políticas en materia de turismo a medio e longo prazo, o Concello necesita un Plan Estratéxico consensuado co sector, que marque as directrices do que se debe facer para centrar esforzos nos verdadeiros potenciais do municipio”, afirma Mato.

No curto prazo, o candidato socialista anunciou o impulso e mellora da Sociedade Mixta de Turismo, de forma que poida traballar dun xeito máis efectivo e aproveitando ao máximo os recursos existentes.

En opinión de Ángel Mato, a extratexia turística de Ferrol debe sustentarse a medio prazo en cinco eixos fundamentais:

A marca da candidatura de Ferrol para convertirse en Patrimonio da Humanidade, «que permita visibilizar moito mellor o legado cultural e patrimonial vencellado á industria, arquitectura ou defensa do que dispón a cidade«.

O Camiño Inglés, co horizonte do Xacobeo 2021 «como oportunidade para consolidar esta ruta«.

Unha mellor promoción da Oferta museística que oferta a cidade (Exponav, Museo Naval, museo da Semana Santa), «incluíndo e mellorando o aspecto museístico que representa o propio barrio da Magdalena. Esta zona debería ser impulsada como verdadeiro punto de interese a escala nacional para o mellor coñecemento do Modernismo e a súa arquitectura«.

A promoción da cultura, o ocio e o deporte na rúa, «mantendo ou mellorando o apoio aos eventos xa consolidados tales como Semana Santa, Cabalgata de Reis, Entroido ou Meninas, entre outros, e promovendo un maior apoio á descentralización cultural e de ocio, ao tempo que se dinamizan económicamente os diferentes barrios da cidade«.

Por último, a promoción do Turismo deportivo ou de natureza ligado o entorno rural «unha opción máis estacionalizada, que permita dar a coñecer a costa e as praias e moi relacionado coa práctica de deportes náuticos, sendeirismo, BTT e outras modalidades ao aire libre«.

Ademais, o candidato do Partido Socialista destacou a importancia de traballar na escala de cruceiros en Ferrol para «dar a coñecer esta oferta e fixar na cidade a estes visitantes, promovendo unha maior oferta turística local ou comarcal, así como que reciban información suficiente para voltar con máis tempo«.

Para Mato, “Ferrol conta con todos os ingredientes para que o turismo se convirta nun sector de relevancia nesa diversificación económica que a cidade tanto necesita”, ao tempo que trasladou aos hostaleiros a importancia que ten o traballar de forma coordinada e conxunta para poder sacar o máximo rendemento á acción de goberno.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …