Escolares do colexio da Solaina visitaron a Casa do Concello de Narón

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse na mañá deste luns cunha vintena de nenas e nenos de sexto curso de educación Primaria do colexio da Solaina no salón de plenos.

Os menores visitaron anteriormente dependencias da Casa Consistorial e visionaron un video sobre a cidade, no que se realiza un percorrido por varias zonas de Narón, incluído o propio Concello.

Unha vez rematada a proxección os menores interesáronse polo traballo que realiza a alcaldesa da cidade á fronte da corporación local e realizáronlle tamén algunhas propostas de cara ao futuro, sobre as que se pronunciou a propia Ferreiro.

Antes de abandoar o Concello os escolares recibiron uns agasallos en recordo da súa visita.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …