O Pazo da Cultura de Narón acolle a IV edición da Xornada de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría e Técnicos en Emerxencias Sanitarias

A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, asistiu ndeste martesa mañá á cuarta edición da Xornada de Técnicos en Coidados auxiliares de Enfermería e Técnicos en Emerxencias Sanitarias que, organizadas polo IES Leixa se celebraron no Pazo da Cultura.

A edil naronesa desculpou a ausencia no acto inaugural da alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e agradeceu no seu nome ao comité organizador da xornada e á súa presidenta, Ana Roel, o convite ao acto. Formaron tamén parte do comité organizador docentes do IES Leixa, do CIFP Ánxel Casal, e do CIFP Politécnico de Lugo.

Hermida asegurou que “para nós é unha satisfacción enorme ver como este espazo cultural que é un referente a nivel galego e estatal serve para acoller tamén moitas outras xornadas que redundan en beneficio da comunidade, como é este caso”. A edil naronesa desexou aos asistentes que desfrutasen da convocatoria, que fose de proveito e subliñou que dende o Concello “estamos encantados de poder colaborar con vós”.

Na mesa inaugural Hermida estivo acompañada pola directora do IES Leixa, Ana Roel; o xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio, e o director xeral de Educación, Manuel Corredoira.

Roel trasladou aos asistentes a gratitude do IES Leixa pola acollida, citando expresamente a colaboración, entre outras, do Concello de Narón e do persoal do Padroado da Cultura de Narón. “Esta edición contamos coa implicación de máis centros educativos”, destacou, desexando unha feliz xornada a tódolos asistentes, unhas duascentas persoas.

Nas diferentes ponencias e mesas de comunicacións libres, que se sucederon pola mañá a partir das 10.00 e pola tarde dende as 15.30 horas, profesionais sanitarios informaron aos asistentes sobre diferentes áreas do sector sanitario. Humanización na comunicación de situacións graves en casos de urxencia e emerxencia; urxencias na atención extrahospitalaria; servizo de urxencias, servizo de trasplantes e a ética nos medios de comunicación foron algúns dos temas incluídos no programa desta xornada.

Lea también

Narón acolle as “I Olimpíadas Nacionais Escolares de Seguridade Viaria”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este xoves 9 a primeira edición das Olimpiadas …