O Triatlón Ferrol, a repetir top-5 no campionato galego contra o reloxo

Equipo masculino no campionato galego contra o reloxo de 2018 | Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol tomará parte este domingo no campionato galego de tríatlon contra o reloxo por equipos cun cuarteto de canteiráns con opcións de repetir o top-5 de 2018.

Marcos Ruiz, Iván Puentes, Pablo Pedrosa e Juan Rejas defenderán as cores ferrolás na cita absoluta.
Nas probas escolares, aínda que dous equipos están en Águilas no campionato de España, participará outro conxunto da Escola Javi Gómez Noya en Vilagarcía, formado por Rubén Morado, Uxío Valiño, Bruno Castro, Diego Carballeira, Hugo Goiriz e Daniel Portomeñe.

Na proba open ou aberta para máis equipos de adultos, competirán Juanchi González, Borja Catrufo, Luis Rilo, Gonzalo Jiménez, Luis Gómez e Chespi Pena.

Lea también

O Café Candelas O Parrulo “B” juega ante el Caja Rural Atlético Benavente

Los ferrolanos necesitan los tres puntos en su lucha por la permanencia. Empieza la recta …