Membros da candidatura do BNG-Narón mantiveron unha reunion con directivos de AJE

A candidata do Bloque Nacionalista Galego á Alcaldía de Narón, Olaia Ledo, mantivo  unha reunión co presidente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra (AJE), Luis González Rey, e o directivo Antonio López para coñecer as demandas da organización empresarial e trasladarlle as propostas do BNG en materia de emprendemento, emprego e formación.

Ledo, que estivo acompañada polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Fandiño, e González mostraron sintonía na meirande parte das cuestións que se abordaron na xuntanza. Así, coincidiron na necesidade de seguir traballando para que os parques empresariais do concello de Narón sexan atractivos para os sectores produtivos de maior peso, como é o caso da industria, e avogaron por situar o “coworking” como unha aposta de presente e de futuro na consolidación e impulso a novos proxectos empresariais e de emprendemento. Nesa liña, acreditaron tamén na necesidade de avanzar na colaboración das diferentes administracións para levar adiante proxectos de interese para a creación de emprego no concello e, por extensión, tamén da comarca, así como por incrementar as accións formativas para que a demanda de profesionais que se aveciña no sector naval poda cubrirse con veciñas e veciños da zona.

Nese traballo de coordinación e cooperación entre administracións, destacaron a importancia de que o SEPES, que xestiona a venda de parcelas no polígono Río do Pozo, estableza todos os mecanismos necesarios para rebaixar o prezo do metro cadrado e favorecer así a implantación de novos proxectos empresariais ou a ampliación doutros xa existentes.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …