Presentación da “antoloxía do IV Certame Internacional Contos de Ultramar”

 A AVV Ultramar, en colaboración co Concello de Ferrol, presentou na mañá deste sábado o libro antoloxía do IV Certame  Internacional de relatos “Contos de Ultramar” no local social da entidade (na rúa Sartaña, 20, baixo). A presentación correu a cargo de Natalia Ares, presidenta da AVV Ultramar; Guillermo Ferrández, escritor e colaborador no certame, e Alfonso Placer, autor dos debuxos da antoloxía. 

 No acto, arroupado por ducias de persoas, participaron: a gañadora na categoría de menores de idade, Laura Timmer Hernando, de Pontevedra; Amelia de Querol, en representación do premiado na categoría de persoas adultas Héctor Daniel Olivera Campos, de Badía del Vallés, Barcelona; así como dous dos autores seleccionados, Andrés Martínez Riveira e Carolina Martínez Vázquez. Ao finalizar o evento fíxoselle entrega a cada asistente duns recordos do certame e duns exemplares da antoloxía.

 Por outro lado, e coincidindo coa proximidade da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, conmemorouse o Día das Letras Galegas 2019 adicado a Antón Fraguas e reivindicouse a figura de Carvallo Calero apoiando a súa candidatura para que se lle adique por fin o Día das Letras galegas a el. Para isto, realizouse un pequeño recital dalgúns dos seus poemas.

Lea también

Exposición, en el Sevilla, de la joven artista de Estonia Triinu Tuul

En el acogedor café Sevilla, sito en lo más céntrico de la calle Galiano, de …