O BNG de Narón iniciou a campaña no Alto e na Gándara

O BNG de Narón iniciou campaña repartindo propaganda electoral en O Alto e na Gándara para centrar a atención nos locais comerciais da cidade e nos lugares que compartimos nas prazas para informar das súas propostas e programa en relación ao pequeno comercio e medidas para que o espazo público compartido sexa seguro enaccesible.

O BNG sinalaba que entre as propostas destacan: 
«• Apostar polo pequeno e mediano comercio como fonte de riqueza e traballo no noso concello e como instrumento imprescindible para dotar de vida os nosos barrios coa colaboración da administración pública con diferentes campañas como até de agora.
 • En todas as actuacións urbanísticas buscarase axudar a que as zonas da cidade sexan un punto de encontro e vida na rúa que teña entre outros beneficios a proxección do pequeno e mediano comercio.
 • Seguiremos a potenciar as campañas da promoción da hostalería, e dos produtos de Narón do sector primario.
 • Buscaremos blindar o concello de Narón contra a instalación de novas grandes areas comerciais.
 • Pularemos por crear unha feira quincenal no entorno da praza da Gándara para, entre outras cousas, potenciar á venda de produtos de proximidade e das entidades sociais de Narón e pór así o produto local en valor».

E a respecto do espazo público no urbanismo presentan máis de 30 propostas que se resumen no seguinte:
 «Queremos afrontar un plan de reformas no urbano que nos leve a gañar a cidade para a xente e farémolo sobre dúas premisas claras que se aplicarán a todo o urbanismo:

• Un plan de mobilidade para o concello que se rixa por unha nova xerarquía peón, bicicleta, transporte público, automóbil,.

 • Traballar na dirección de conseguir espazos públicos de calidade, accesíbeis,seguros, con usos plurais, en definitiva, centros de socialización e convivencia.

Queremos que as rúas de Narón teñan vida a diario e na fin de semana, e para iso elaboraremos unha ordenanza de uso dos espazos públicos do Concello que ordene e facilite o seu emprego».

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …