Marea de Ferrol levou as súas propostas políticas ao barrio de Esteiro

Instante do acto de Marea de Ferrol en Esteiro | Marea de Ferrol

Onte, sábado 11 de maio, Marea de Ferrol estivo en Esteiro para dar a coñecer as súas propostas políticas á venciñanza do barrio.

Ademais de realizar un reparto entre as viandantes dunha pequena síntese das suas propostas máis destacadas, Bernardo Lorenzo, Lucía Vizoso e Nicasio Malde falaron na Praza do Himno Galego ante todas as persoas que se achegaron ata alí.

Entre outros temas, destacouse a importancia de poñer por diante ás persoas en todas as accións políticas, con propostas como a implementación dunha Renda Mínima Municipal ou a posta en marcha dunha Cociña Municipal «para todos os comedores do Concello que orfreza recursos orientados á soberanía alimentaria«.

Nunca esquece Marea de Ferrol falar da participación como peza fundamental que marcará a súa acción de goberno, «unha participación cidadá imprescindible para construír democracia real, na que os orzamentos participativos con procesos regrados e dotación económica estable sexan base do traballo político«.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …