Valón acollerá este venres a celebración do Día das Letras Galegas

Manuel Sendón, Álvaro Montes e Cristina Mariño en rolda de prensa | Concello de Ferrol

Este venres terá lugar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Antón Fraguas, e nesta ocasión volveronse a unir o Concello de Ferrol e a Agrupación de AVV da Zona Rural de Ferrol para conmemorar conxuntamente esta data sinalada no local social da AVV O Cruceiro de Valón, nunha xornada que foi presentada na mañá do luns, no Concello de Ferrol.

O concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, destacaba que unha das novidades de este ano está en “facer un encontro especial pola mañá cos máis pequenos”, con contacontos ilustrado de Antón Fraguas con mísica e o espectáculo infantil “As Parábolas de Pakolas”, mentras que na tarde terá lugar o acto máis institucional, con actuacións da Coral Polifónica Armonía, grupo Encrucillada e o peche a cargo do Real Coro Toxos e Froles, onde o concelleiro invitaba a todos os veciños, todo isto presentado por Cristina Mariño.

Para que os veciños poidan acudir a esta celebración, o Concello de Ferrol habilitará dúas rutas de autobuses gratuitos cos seguintes horarios e paradas: Saídas as 10:30 e as 16:30 horas da praza do Inferniño (fronta ao Centro Cívico) e tamén nas mesmas horas dende Doniños a Esmelle. Os regresos serán as 13:30 horas e as 20:30 horas dende Valón a praza do Inferniño, coma tamén a Doniños e Esmelle.

O presidente da Agrupación de AVV da Zona Rural de Ferrol, Manuel Sendón, quería agradecer o apoio do Concello para esta celebración “porque entendemos que isto debe ser un acto institucional”, ademáis de querer agradecer personalmente a implicación do concelleiro Álvaro Montes para poder facelo posible.

A presentadora Cristina Mariño facía referencia ao homenaxeado, Antón Fraguas “que responde o perfil do nacemento do galeguismo”, formando parte do Seminario de Estudos Galegos ou das Irmandades da Fala. Ademáis, foi membro da Real Academia Galega e da Academia de Ciencia. Un dos postos máis importantes que desempeñou foi o de director de Museo do Pobo Galego, dende a sía fundación en 1976 ata a sua morte o 5 de novembro de 1999.

Ao mesmo tempo, Álvaro Montes, Manuel Sendón e Cristina Mariño non querían olvidarse da petición para que o vindeiro homenaxeado neste Día das Letras Galegas sexa o ferrolán Ricardo Carvalho Calero, onde Cristina Mariño quería recordar “que era un moi bo amigo de Antón Fraguas.”

Lea también

Entrega de premios en Ferrol a los ganadores del IV Concurso de Fotografía “Puerto y Ciudad”

Este viernes 19 de abril, tendrá lugar en Ferrol la entrega de premios a los …