O Esteo rescata un punto en Zamora

Os xogadores celebrando un gol ante o FS Zamora | Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O Esteo pontés de fútbol sala trouxo un empate da súa visita a Zamora, nun encontro que marchou ao descanso con empate a 1-1, xa que preto do final marcou Bruno pero pronto igualaban os locais.

No comezo do segundo acto poñíanse por diante os zamoranos ata que a pouco do remate Ayala rescataba un punto para un Esteo no que xogaba os seus minutos o porteiro xuvenil Sergio Cal.

O Esteo é setimo con 45 puntos. A vindeira semana sumará outros tres co 7-0 ante o Prone de Lugo e pechará á liga visitando ao oitavo Boal asturiano.

CFS ZAMORA: Santos, Nacho, Álvaro, Eric, Guille – cinco inicial – Pablo, Nacor, Jose, Ribeiro.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Rober Paz – cinco inicial – Bruno, Dani, Ayala, Sergio Cal.

GOLES: 0-1, Bruno (17´), 1-1, Nacor (18´). 2-1, Nacho (22´), 2-2, Ayala (38´).

ÁRBITROS: Merino González, Moreno de Santos, Arias Carrera (Segovia-Zamora). Amarelas a Pablo, Álvaro, Guille, Javichu, Cokito, Alex, Rober.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal Ángel Nieto. Uns 100 espectadores.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …