Marea de Ferrol reuníuse cos veciños e veciñas de Covas

Marea de Ferrol no encontro en Covas | Marea de Ferrol

Onte, luns 13 de maio, Marea de Ferrol volveu ter un encontro distendido e informal coa veciñanza de Covas.

Despois destes últimos anos «nos que multitude de aspectos funcionaron mal ou directamente non funcionaron, constatamos que algunhas das preocupacións máis importantes da veciñanza teñen que ver co saneamento e a necesidade de dinamizar os barrios atendendo aspectos como cultura, turismo, hostalería, festas… dentro dunha perspectiva de futuro que aborde alternativas para fixar a poboación xa non só no municipio, senón nomeadamente na zona rural«.

Marea de Ferrol segue facendo fincapé nun Ferrol que se defina pola participación da cidadanía na vida municipal. «Temos a teima de crear un foro permanente coa representación de todas as institucións e movemento asociativo local, para consensuar unha nova estratexia de cidade«.

Ademais, «temos unha fonda preocupación pola planificación do transporte público, asequible e de calidade, que inclúe a implantación dun servizo de transporte a demanda para as zonas rurais«.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …