Terra Galega mantivo un encontro veciñal en Pedroso

A parroquia de Pedroso acolleu na tarde deste xoves o oitavo acto electoral programado por Terra Galega con motivo das eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. A candidata de TEGA á alcaldía de Narón, Marián Ferreiro, estivo acompañada por María Pilar Testa, número 20 da candidatura do partido aos vindeiros comicios. Testa recoñeceu estar agradecida por esta oportunidade para formar parte “dun equipo con xente de Narón, maioritariamente con experiencia en política a nivel local e todos e todas con moitas ganas de traballar polas veciñas e veciños desta cidade”.

A continuación tomou a palabra Marián Ferreiro, que destacou melloras en infraestruturas na parroquia realizadas durante no último mandato, como é o caso da construción e apertura do Centro Cívico de Pedroso. “Unhas obras que se executaron tras adquirir o Concello a antiga reitoral e que permitiron dotar a Pedroso dun servizo do que carecía e que hoxe pode desfrutar a veciñanza”, asegurou.
“Nos vindeiros catro anos queremos continuar apostando polo rural e para acadalo temos proxectada a continuidade nos traballos de mellora en eficiencia enerxética, aglomerado de viais e tamén importantes melloras no novo servizo de recollida de lixo e limpeza viaria, con máis contenedores, con maior capacidade e máis maquinaria para poder incrementar o número de desbroces que se viñan facendo ao longo do ano”, explicou Ferreiro.

Outra das prioridades do equipo de Terra Galega sigue sendo ampliar a rede de saneamento e abastecemento nesta parroquia. “Realizamos xa importantes investimentos nesta área, pero é preciso continuar avanzando para que este servizo chegue a todas as vivendas do rural e nós imos traballar para cumprir este obxectivo”, asegurou a candidata de TEGA. Entre actuacións máis inmediatas a acometer na parroquia está pendiente a vindeira semana, avanzou, a adxudicaión dos traballos proxectados na zona da Portela, para implantar a rede de saneamento nunhas 103 vivendas de cara ao futuro, unha intervención que se licitou en 322.000 euros.

Así mesmo, en materia de servizos, Ferreiro incidiu en que “reducir a fenda dixital está tamén entre os nosos propósitos para os vindeiros catro anos, apoiando as medidas que sexan necesarias para que o rural naronés dispoña dun servizo de calidade”.

En materia educativa, Terra Galega continuará apoiando as escolas rurais, como a da parroquia de Pedroso, defendendo a petición dos pais e nais que queren escolarizar nese centro aos seus fillos e fillas. “Consideramos fundamental manter operativas estas instalacións, máxime cando contan co número de alumnado requerido para abrilas, co seguiremos facendo todo o que estea nas nosas mans para que o vindeiro curso esta escola rural de Pedroso volva a funcionar ao igual que fixo en cursos pasados”, subliñou.

En materia cultural Pedroso acollerá tamén actividades programadas dende o Padroado da Cultura, como sesións de Cine de Verán o vindeiro mes de xullo; o Gulliver Fest, unha iniciativa novidosa a modo de festival de música e viaxes en agosto, no muíño e na área recreativa de Pedroso, e tamén continuarán os obradoiros da Escola de Teatro de Narón. “Narón é cultura e Pedroso tamén é cultura e así continuará sendo nos vindeiros catro anos”, asegurou Ferreiro.

A candidata de TEGA explicou aos asistentes ao acto que “queremos seguir contando co voso apoio para cumprir os catro eixos básicos do noso programa: Unha cidade máis humana; un Narón para as persoas; a Dinamización Económica e Turística e Vive o Deporte e a Cultura”.

Na xornada deste sábado celebrarase o acto electoral programado na parroquia do Alto do Castiñeiro, tamén a partir das 21.00 horas. No mesmo intervirán Marián Ferreiro e tamén acudirán Marta Otero –número 23 da candidatura-, María Mercedes Taibo –número 10- e Pablo Mauriz –número 4-.

Lea también

Vendidos 9 cupones de la ONCE premiados con 35 mil euros cada uno. En Freixeiro, Narón

El sorteo diario de la ONCE de este jueves, día 18,  ha dejado en Narón …