¿Que podes facer este venres, día 17 de maio?

–Día das Letras Galegas (Festivo na Comunidade de Galicia)

–Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.

–Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.

–Día da internet.

–Día Internacional da Reciclaxe.

–Día Mundial da Hipertensión.

–Santos Pascual Bailón ( Patrón de obras, asociacións e congresos Eucarísticos, dos cociñeiros, ), Pablo, Adrión e Heradio.

–Tal día como hoxe:

(1810)- Naceu en Ferrol Patricio Montojo e Albizu. Vicealmirante da Armada. En 1861 foi capitán do porto da Habana.

(1863)- Sae do prelo o libro Cantares galegos, de Rosalía de Castro

(1963) – Primeiro Día dás Letras Galegas

–O tempo hoxe en Ferrol. Anúnciase un día con chuvascos . Haberá unha temperatura máxima de 15º e unha mínima de 11 º. Choiva 50 %.

                                                                           —-ooOoo—-
ACTIVIDADES PARTIDOS POLÍTICOS

En Ferrol

PARTIDO POPULAR

–11.45 h.. O candidato á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, realizará declaracións no parque da Ranita.

–12.00 h. Percorrido polo barrio de Canido. (Punto de encontro praza Cruceiro de Canido)

–17.00 h. Local AVV Valón. Asiste aos actos institucionais con motivo do Día das Letras Galegas

–20.00 h. Encontro con veciños do Ensanche. Gran Hotel Ferrol.

FERROL EN COMÚN

-O candidato á alcaldía, Jorge Suárez, e outras persoas da candidatura participan na concentración pola Lingua Galega , na praza vella ás 12.00 horas.
PSdG-PSOE

–Ás 11.00 horas, na pasarela peatonal que da acceso ao porto de Ferrol o candidato socialista á alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, fará declaracións para presentar as súas propostas de industria e medio ambiente.

CIUDADANOS

12.00 h- Presentación dun novo vídeo.

12.00 h- Visita ao barrio da Magdalena, zona Amboage

18.00 h- Visita ao barrio do Ensanche A
.
MAREA DE FERROL

–Ás 11.30 horas, ofrenda floral na Praza Rosalía de Castro

–Ás 12.00 horas na Praza Vella, participación na Concentración organizada pola Plataforma Queremos Galego.

–Ás 18.00 horas, reparto do programa electoral na Praza Vella, e unha pequena homenaxe diante da casa de Carvalho Calero.

SENTIMIENTO FERROLANO

–O equipo de Sentimento Ferrolán acudirá ao acto organizado para este día pola asociación de veciños de San Xoan- Bertón

Ás 17:00 h. visita ao Barrio de Catabois.

En Narón

PSdG-PSOE

–10:00 h, O candidato José David Pita e integrantes da lista electoral realizarán un reparto informativo en Doso.

–13:30 h, O candidato José David Pita e integrantes da lista electoral participan na festa do lisco.

–17:00 h, O candidato José David Pita e integrantes da lista electoral realizarán un reparto informativo en Pedroso.

CIUDADANOS

— Ás 12 horas visita ao el local social de San Xiao

En Cariño

PSdG-PSOE

–Ás 19.30 h. Na Casa da Cultura acto aberto. Interveñen Pilar Cancela, deputada electa rJosé Miguel Alonso Pumar, candidato á alcaldía.

En Valdoviño

PSdG-PSOE

–O candidato á Alcaldía de Valdoviño e actual rexidor, Alberto González, levará esta fin de semana as súas propostas e proxectos para que Valdoviño vaia a máis ás parroquias de Sequeiro, Aviño e Lago.
Acompañado dos integrantes da súa candidatura, organizará este venres, 17
de maio, un mitin no local social de Loira ás 11,30 horas e, no local social
da Carreira, en Sequeiro, a partir das 18 horas.

                                                          –ooOoo–

LETRAS GALEGAS 2019

EN FERROL

Celebración institucional na Asociación de Veciños de Valón do Día Grande das Nosas Letras, que este ano se dedica a Antón Fraguas, co seguinte programa institucional.
Para os mais pequenxs
11:30 h: Contacontos ilustrado de Antón Fraguas con música
12:30 h: Espectáculo infantil “As Parábolas de Pakolas”
17:00 h: Acto Institucional do Concello de Ferrol presidido polo alcalde, Jorge Suárez, a fronte da corporación local. Local da AVV de Valón.
17:15 h: Actuación da Coral Polifónica Armonía
18:00 h: Actuación do grupo Encrucillada
19:00 h: Actuación e peche a cargo do Real Coro Toxos e Froles.

Transporte de balde:
Haberá dous autobuses para trasladarse a Valón, ida e volta, cos seguintes horarios e paradas:
– 10:30 e 16:30 da praza do Inferniño (fronte ao Centro Cívico) e desde Doniños e Esmelle
– 13:30 e 20:30 desde Valón á praza do Inferniño e a Doniños e Esmelle.

–A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades, organizou para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras, unha ducia de mobilizacións nas principais cidades e vilas do país para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego”. Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo quere recordar a importancia que os servizos municipais de normalización lingüística, as empresas concesionaras ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas, en todos os concellos. En Ferrol a cita é ás 12h do mediodía na Praza Vella. Haberá actuacións musicais de dous grupos que interpretarán pezas de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Carvalho Calero e Manuel María. Finalmente darase  lectura o manifesto por parte de artistas invitados/as.

EN NARÓN

–O hall do Pazo da Cultura (polo anunciado mal tempo), acollerá este ano unha nova edición de “N de Narón: A festa das Letras”. A programación desenvolverase ao longo de todo o día tanto os espectáculos como as actividades que se propoñen para os nenos e nenas.
Abrirá os actos un espectáculo de maxia, a cargo do ilusionista Martín Camiña, centrado na vida de Antonio Fraguas. “Antonio… Fraguas unhas ilusións con nós?” é o título deste espectáculo, que dará comezo ás 12.00 horas.
Ao mediodía, a partir das 13.00 horas, será o turno de Fantoches Baj (Inacio e Carlos Quintá), que protagonizarán o espectáculo “Os romeiros do caracol”, baseado no estudo sobre as romarías de Antón Fraguas.
A programación da tarde comezará ás 17.30 horas, co espectáculo Nono, da compañía Pistacatro. Trátase dunha proposta de mimo, marionetas, malabares e clown. A continuación, sobre as 18.30 horas, será o turno de María Fumaça, familia que cumpre cinco anos. “As que máis molan” é o título do espectáculo que chegará a Narón á Praza da Lectura.
A maiores de todos estes espectáculos, durante todo o día haberá un espectáculo sensorial dirixido a bebés: Alfombra Máxica, de Mirari Urruzola. Así mesmo, no espazo Garabato de xogos, pensado para todo tipo de públicos, poderase xogar con elementos realizados con materiais de refugallo, A terceira das propostas é o Espazo Percubebé, con Marcelo Dobode e Bea Martínez, que traen a Narón un obradoiro musical, centrado no mundo da percusión e da arpa.
Haberá tamén un espazo de lectura, cun stand propio da Biblioteca municipal e dous das librarías Day e Galicia.

–A Sociedade Cultural Areosa organiza no local social de Piñeiros , as 17.00 horas, a actuación do grupo de gaitas do Padroado da Cultura e baile tradicional co grupo de abile infantil do Padroado. Rematarase cunha chocolatada.

EN MUGARDOS

–Os actos en torno ás Letras Galegas continuarán hoxe cunha serie de actos promovidos pola asociación cultural Apelón .
Está convocada unha xuntanza ás 13.00 horas na Praza do Concello –ou no interior da OMIX se chove-. Alí glosarase a figura de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e repartiranse libros e globos. A continuación comezará un percorrido, acompañado de gaitas, ata o peirao. No Cantón de Cora terá lugar unha comida de confraternidade, para a que xa están a prazas cubertas, e pola tarde, a partir das cinco, haberá xogos populares.
O mesmo venres, actuación da Rondalla Mugardesa e a Coral Casino Progreso de Franza. A cita será ás 19.00 horas no Casino Progreso de Franza, que colabora na iniciativa.

EN ORTIGUEIRA

–Ortigueira celebra o Día das Letras Galegas con música e poesía desde as 12.00 horas na praza de Isabel II. Actuarán a asociación cultural Gamelas e Anduriñas e a charanga New Belters e haberá un recital poético. A organización corre a cargo da asociación Galioart, que entregará nesta mesma data os premios do certame de poesía convocado con motivo do Día das Letras Galegas.

                                                                 –ooOoo–

No social

–Os socios e socias do Espazo +60 de Ferrol de Afundación, a Obra Social de Abanca, puxeron en marcha unha tenda solidaria cuxos beneficios se destinarán á Cociña Económica da cidade. Esta aberta ata o próximo día 23 no propio Espazo +60, en horario de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h.
Os produtos que se poden comprar na tenda solidaria foron elaborados por persoas voluntarias do Espazo +60 de Ferrol participantes no «Taller solidario» durante todo o curso. Neste mercadillo poderanse atopar traballos de artesanía, cestas, bolsos, carteiras, pulseiras, manteis, roupa de bebé ou colares, entre outros.

No Cultural

— No Museo da Construción Naval nova exposición sobre o mosteiro de Sobrado dos Monxes.
A mostra pode visitarse no horario habitual do Museo da Construción Naval, de 10.00 a 20.00 horas, todos os días excepto os luns, que permanece pechado.

–No Centro Cultural Torrente Ballester exposición “Fume” de Fer Patiño. Ata o día 19 de maio.

— Exposición do Premio Internacional de Gravado e Veu Pedro Vivanco a sede ferrolá de Afundación. A mostra é a antesala do IV Salón Profesional do Viño, ‘ Fevino’, que terá lugar no mesmo edificio do centro de Ferrol os días 4 e 5 de xuño.

–No Ateneo Ferrolán, ata o día 31, exposición de pinturas “Nova York” de Lis.

–No Ateneo Ferrolán, ata o día 30 de xuño, exposición fotográfica “Vos soños esquecidos” de espazos abandonados feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol, fotógrafo aficcionado de FerrouCerca de 40 fotografías da súa temática preferida; as fotografías de espazos abandonados. Nesta nova mostra pódense ver algunhas fotos inéditas e outras xa coñecidas da súa ampla colección.

–O Consello da Cultura Galega e Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentan a exposición «Son de Galicia», unha mostra que recolle o espírito dunha época que definiu, a través dá música e do baile, a nosa identidade. Un relato que é posible construír a través dous arquivos dous catro coros históricos que permanecen activos: Toxos e Froles, Cantigas dá Terra, Coral de Ruada e Cantigas e Agarimos.

–A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle unha nova exposición protagonizada por esculturas realizadas en ferro do artista Cipriano Lourido. Ship of fools é o nome desta mostra que está formada por dez obras esculpidas en ferro, cobre, latón e aceiro e que se completa con seis cadros pictóricos. A exposición poderase visitar ata o 25 de maio, en horario de doce a dous e de seis a oito.

–Actuación da Rondalla Só Elas, ás 8 da tarde, no centro cívico está organizada pola Asociación de Veciños de Caranza dentro do Programa Ferrol Escena do Concello de Ferrol, é a primeira actuación da Rondalla no barrio de Caranza
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo no Salón de Actos do Centro Cívic

                                                                               –ooOoo–

EN NARÓN

No deportivo

De 11.00 a 19.00 horas no Campo de fútbol de Sinde (O Val) ” Campionato Galego de seleccións comarcais”, xogarán oito selecciones: catro mulleres e catro masculinas da oruña, Vigo, Pontevedra e Ferrol
As semifinais disputaranse en horario de mañá e pola tarde, a partir das 16.30 xogaranse o terceiro e cuarto posto de ambas categorías e a partir das 17.45 horas serán as finais. Organiza a Real Federación Galega de Fútbol e colaboran o Concello de Narón e a Sociedade Deportiva Sinde, do Val.

No festivo

–Ás 13.30 h. na Pista polideportiva de Doso “Festa do lisco”. A AVV A Naveira, de Doso organiza esta xornada gastronómica en colaboración co Concello de Narón. Os tickets para degustar paella, liscos á brasa, cachelos, pan, bola e bebidas e café poden adquirise ata esgotar existencias no local social. Un grupo musical amenizará a sesión vermú e a sobremesa.

No social

–Ás 18:30 horas, Eliximos Narón organiza un conferencia-debate sobre o Blindaxe das Pensións na Constitución, en apoio á “Mesa Estatal por el Blindaje de las Pensiones – MERP”, recentemente premiada coa “distinción a la defensa de los derechos y libertades constitucionales” pola Generalitat Valenciana.

O acto que contará co portavoz da MERP Joanen Cunyat e coa participación de outros actores sociais.

Lea también

Eventos para este martes día 15 de octubre

—-Día Internacional de las Mujeres Rurales —-Día Mundial del Lavado de Manos —-La Iglesia celebra …