O BNG abriu as portas do seu proxecto ás persoas migrantes da cidade

Iván Rivas na concentración de Queremos Galego | BNG

Hoxe, venres, o BNG participaba en dous actos representativos de dous dos aspectos nos que a formación ten como obxectivos prioritarios para o próximo mandato, «co fin de mudar a faciana de Ferrol encarando o futuro con optimismo, seguridade e determinación«.

Durante a mañá participaron na concentración desenvolvida pola plataforma Queremos galego en defensa da lingua e á tarde, despois do Encontro cos veciños e veciñas no local social de Valón en conmemoración do Día das letras galegas, «desenvolvimos unha xuntanza con diferentes asociacións da cidade que están a traballar co colectivo de migrantes de Ferrol».

A nosa lingua, única e universal, é unha potencia e unha oportunidade para esta cidade. «Para a gran maioría dos que se presentan a estas eleccións nin existe, é negada ou simplemente é un elemento decorativo a musealizar. Para nós é a forza que nos define e que nos abre portas para relacionármonos co moderno mundo de lusofonía e tamén da mestura e da contemporaneidade, que virán achegar esas persoas migrantes, coas que hoxe mantivemos un encontro no que lles quixemos abrir as portas do noso proxecto, para que sexan o aire novo que inunde Ferrol cos seus acentos, músicas e identidades«.

A creación dunha oficina de información ás persoas migrantes ou de recén chegada, o asesoramento xurídico, a programación de cursos de formación para este colectivo e a interacción con estas persoas a través de proxectos culturais e deportivos «son necesidades básicas para facer visíbel e poñer en valor a identidade dunha cidade que xa é múltiple e diversa e non quere ser en absoluto só española, só madrileña e unicamente inmobilista, como parecen proxectar a maioría dos aspirantes á alcaldía nesta cidade a xeito do máis rancio centralismo represor de toda creatividade«.

Nesta liña de traballo, ademais de todo isto, «é preciso que Ferrol teña en conta que o noso grave problema demográfico como cidade, que non se vai resolver cunha “pura raza ferrolá” porque vai ser de todo imposible. Estamos nunha situación de colapso demográfico e por tanto a nosa única opción de recuperación pasa pola acollida de persoas migrantes ou de chegada recente«.

Para iso cómpre que fagamos a cidade atractiva, fundamentalmente sobre dous aspectos.

1. Vivenda, e temos a materia prima, 1000 vivendas públicas que son a envexa de calquera Concello co mesmo problema.
2. Xeración de emprego con muncipalizacións.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …