Mato aposta pola recuperación integral de Ferrol Vello

Ángel Mato presentando las medidas | Adán Puentes

O barrio de Ferrol Vello “é a orixe da nosa cidade, declarado en 2011 Ben de Interese Cultural na categoría de conxuntos históricos, e constitúe a carta de presentación da urbe para moita xente que chega a Ferrol por autoestrada ou por vía marítima, ademais de ser o punto de inicio do Camiño Inglés”. Por todo iso, a súa recuperación, posta en valor e dinamización son obxectivos prioritarios para o PSdeG-PSOE.

Así o destacaba esta mañá no reparto de material de campaña pola feira de Ferrol o candidato socialista, Ángel Mato, que fixo pública a súa aposta por incentivar a rehabilitación dende o Concello a través do desenvolvemento de proxectos de urbanización nos espazos públicos do barrio. «Hai que aproveitar o patrimonio do Concello«, manifestou Mato, que lembrou a oportunidade que teñen inmobles como a casa de Carvalho Calero e parcelas adxacentes -entre outros- para actuacións de recuperación de espazos degradados.

O candidato socialista abogou por traballar en colaboración coa Xunta de Galicia, que vén de anunciar a compra de edificios en Ferrol Vello para iniciar intervencións de rehabilitación de vivendas, e neste sentido, mostrouse partidario de que parte de ditas vivendas se ofrezan á mocidade en réxime de alugueiro.

A rehabilitación de Ferrol Vello, subliñou o cabeza de lista do PSdeG-PSOE, é un dos temas estratéxicos de cidade, polo que, como lembrou, forma parte dos «10 acordos de cidade» que presentou hai unhas semanas e que pretenden ser cuestións de consenso pola importancia que teñen para o desenvolvemento presente e futuro de Ferrol.

CAMIÑO INGLÉS

Ángel Mato lembrou tamén que Ferrol Vello é o punto de partida do Camiño Inglés, unha ruta xacobea que está a experimentar un importante crecemento -con máis de 14.000 peregrinos en 2018- e que sitúa á nosa cidade como o quinto punto de saída de todos os Camiños.

Para o candidato socialista, resulta necesario aproveitar todas as potencialidades que ten o barrio, como pode ser o antigo edificio de Aduanas, para poñer en valor este tramo local da ruta, tanto no eido patrimonial como no que se refire a fonte de recursos económicos.

«A fachada de Ferrol Vello é unha das máis bonitas da cidade e iso hai que poñelo en valor«, asegurou Ángel Mato, que tamén se comprometeu a promover as actividades culturais nas rúas e prazas para dinamizar o barrio.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …