Candidatos de «Narón por diante» apoian o sector gandeiro. «Debemos recuperar o rural»

O candidato á alcaldía de Narón, André Abeledo acompañado da número 2 da candidatura Sonia Mauriz e o número 3 Xesús Anxo López Pintos, de «Narón por diante» visitaron unha das explotacións gandeiras naronesa.

 Abeledo indicou que «Debemos recuperar o rural . Ofertar servizos basicos, centros educativos e transporte ao noso rural que permitan afincar poboación.

Temos que traballar porque o noso sector primario sexa motor da nosa economía, sen soberanía alimentaria non hai soberanía.

Agricultores e gandeiros deben ter garantido o apoio das administracións e no caso de sufrir danos por mor da fauna salvaxe, sobre todo do xabarín, as axudas deben ser suficientes e teñen que pagarse coa maior celeridade».

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …