Ángel Mato anuncia que promoverá coa Xunta a mellora do transporte público

O candidato socialista á alcaldía de Ferrol, Ángel Mato, comprometeuse a promover coa Xunta, no caso de recibir a confianza cidadá o 26 de maio, “a mellora dos servizos de transporte público a través da planificación de rutas para garantir o acceso nas frecuencias axeitadas aos servizos básicos, como pode ser a conexión entre os diferentes barrios e parroquias coa área sanitaria”.

Deste xeito, dariase solución a unha das demandas máis repetidas pola veciñanza, especialmente da zona rural, ao tempo que se fomentaría o transporte público”, explica o candidato socialista.

Pero este non é o único compromiso de Mato en materia de transporte a mobilidade, senón que esta mañá tamén anunciou “un Plan de Mobilidade consensuado que marque e estableza os criterios de peonalización e as políticas de aparcadoiro da cidade”.

A continuación do carril bici como medio de transporte alternativo e a mellora e mantemento dos tramos xa existentes, como é o caso dos de Esteiro e Caranza; a continuación das actuacións de mellora na accesibilidade (de forma prioritaria en edificios e espazos públicos); ou o fomento do turismo accesible son outras das propostas que se inclúen no programa de goberno socialista. «A política de mobilidade municipal debe seguir criterios de igualdade de acceso a toda a cidadanía«, engadiu Ángel Mato.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …