O Concello de Narón adxudica obras para a mellora de eficiencia enerxética no Alto licitadas en 285.000 euros

O Concello de Narón adxudicou recentemente dúas novas intervencións para mellorar a eficiencia enerxética na zona urbana da cidade, concretamente na parroquia do Alto do Castiñeiro. As dúas
intervencións, que se iniciarán nos vindeiros días, licitáronse en 285.000 euros, e permitirán mellorar o sistema de alumeado e, ao tempo, reducir a emisión á atmósfera de dióxido de carbono –coas vellas luminarias- e tamén a factura de electricidade.

Finca de Arzúa

Un dos proxectos a materializar levarase a cabo na Finca de Arzúa, donde se procederá a substituír un total de 240 luminarias, que levarán tecnoloxía led. Esta actuación licitouse en 147.000 euros.

No Alto do Castiñeiro

Na zona do Alto do Castiñeiro tamén se adxudicou a substitución de 209 luminarias, cun orzamento de licitación, neste caso, de 138.000 euros. A maiores, tamén no Alto do Castiñeiro proxéctase, tal e como xa se anunciou dende o Concello, a renovación de materiais e dotarase de alumeado ao parque infantil localizado ao final da rúa Italia, mentres que na zona de Freixeiro se procederá tamén a renovar o actual sistema de alumeado por outro con tecnoloxía led.

En Xuvia

As actuacións adxudicadas dende o Concello sumaranse ás xa materializadas noutras áreas da zona urbana e rural do Concello. Na parroquia de Xuvia iniciábase a finais do pasado mes un proxecto que permitirá implantar a tecnoloxía led en 170 luminarias de rúas e prazas desta zona da cidade, con
cargo a un investimento de 131.000 euros.

O aforro anual estimado nas arcas locais da factura eléctrica cos traballos executados e proxectados nos últimos meses ascende a uns 100.000 euros. Así mesmo, a reducción das emisións de dióxido de carbono á atmósfera permitirán ao Concello continuar avanzando de cara a dar  Gabinete de Comunicación do 
cumprimento aos obxectivos marcados dende a Unión Europea para o ano 2020, reducindo nun 20% as emisións á atmósfera de gases de efecto invernadoiro

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …