Ferrol en Común visitou o CIT da UDC

Ferrol en Común na visita a UDC | Ferrol en Común

Hoxe, xoves, Ferrol en Común, co seu candidato a reelección a alcaldía, Jorge Suárez, visitaron unha das xoias da coroa do campus universitario da UDC no campus universitario de Ferrol. Nos seus cinco laboratorios investíganse aspectos de mecánica de fluídos, polímeros, aplicacións industriais do láser, química e combustibles.

«Foi abraiante descubrir as posibilidades que agochan os polímeros, ver un túnel de auga no que se proba a resistencia e estabilidade dos buques, a fin de desarrollar mecanismos que axuden a prever sinistros marítimos, e a infinidade de aplicacións do láser. Sobre todo, coñecer ao persoal: enxeñeiras, profesores, investigadores e doctorandos que desde o campus de Ferrol, aman a súas profesións, loitan contra recortes, a minoración de recursos e procuran, co seu traballo, facernos avanzar como sociedade e mellorar as nosas vidas«, afirman dende Ferrol en Común.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …