A festa LGTBI Orgullo Crítico terá lugar este sábado na Praza Vella

Presentación de Orgullo Crítico | Concello de Ferrol

Na mañá do mércores tivo lugar a presentación da festa do Orgullo LGTBI que se celebrará este sábado 1 de xuño na Praza Vella de Ferrol, organizada dende a Concellería de Igualdade. Foi presentada este mediodía no Concello por la concelleira de Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, e tres representantes do colectivo Avante, de Ferrol: Sara Díaz, Xiana González e Ana Amigo.

Os actos arrancan o sábado as 17:00 da tarde, co coloquio con colectivo coa participación da concelleira, a que seguirá, as 18:00 unha charla de Brigitte Vasallo, presentada por Cristy Tojo de Lésbicas Creando. A partires das 21:00 na propia praza, concerto de Las Antonias+Nüca DL Live Set, un DJ da nosa cidade na fin de festa logo do que será a inesquecible actuación de Las Antonias ‘con moitas sorpresas’.

Agardamos que se continúe no vindeiro mandato con esta linea de visibilización, de feminismos e de LGTBI nesta cidade que penso que, son realmente, os que pararon moitos gobernos de dereitas tanto no Estado como nos municipios para que se poida continuar nesta linea que é o que a sociedade demanda‘, manifestou Ruiz.

Lea también

Escolares de Ferrol celebran el Día de la Educación Física en la calle

El concejal de Deportes, Ricardo Aldrey ha visitado este miércoles 17 varias plazas y espacios de …