A alcaldesa presidiu unha recepción oficial á naronesa Fany Cabarcos Beceiro tras proclamarse campiona de Europa de MTB de descenso

Foto de familia da recepción | Concello de Narón

A alcaldesa en funcións da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha recepción no Concello á naronesa Fany Cabarcos Beceiro, tras proclamarse recentemente campiona de Europa de mountain bike de descenso na categoría Master 35. Este evento disputouse na localidade de Pampilhosa da Serra, en Portugal, os pasados 4 e 5 de maio e Fany subiu ao podio coa medalla de ouro tras marcar o mellor crono de todas as categorías Master femininas. Fany Cabarcos, funcionaria do Concello de Narón, recibiu por sorpresa de mans de Marián Ferreiro –nun acto ao que acudiron outros representantes da corporación local- unha réplica da escultura Anduriña, do artista luso Manuel Patinha, cuxo orixinal se pode ver na Praza da Gándara.

A alcaldesa e os edís da corporación local que acudiron ao acto felicitaron a Fany tras gañar o citado campionato europeo –no que estreaba bicicleta- e tamén polo seu exitoso palmarés despois de tres anos practicando este deporte. En tan só tres anos Fany Cabarcos gañou tamén nos últimos meses o Open de España de descenso MTB na categoría Master 30, e é actualmente líder da proba Open de España de Enduro na categoría Master 30.

Fany, integrante do clube BDM Bike Club, das Pontes, agradeceu o agasallo e os parabéns recibidos esta mañá no Concello.

Lea también

CLESA volve a apoiar o baloncesto feminino da man do BAXI Ferrol

CLESA retoma o seu apoio ao Baxi Ferrol no momento no que o equipo feminino …