Marcos Ruiz, 56º no campionato de España de tríatlon

Marcos Ruíz nunha proba – Triatlón Ferrol

Marcos Ruiz finalizou en 56ª posición no campionato de España de tríatlon elite.

Despois dunha dura natación, o canteirán do Triatlón Ferrol non saíu en boas posicións como acostuma e iso relegouno a un pelotón no que loitar por meterse entre os 50 mellores triatletas de España.

Pola súa banda, Jorge Morado sobresaíu co mellor parcial no sector de natación e, xunto outro rival, rodou escapado practicamente durante todo o ciclismo. Ese esforzo acabouno pagando na 27ª praza. Mentres, Carmen Jiménez pagou os golpes que recibiu na natación para saír máis retrasada do habitual, cruzando finalmente a meta como 30ª.

Os resultados da Escola Javi Gómez Noya complétanse con David Campos -59º-, Álvaro Ordiales -63º-, Hugo Prida -57º-, Rubén Morado -223º-, Alba Méndez -89ª-, Carlota Teijeiro -111ª- e Lucía Santalla -129ª-.

Lea también

A Deputación de A Coruña entrega os premios do IX Circuito de Carreiras en Ruta

O pasado venres desenvolveuse no Pazo de Mariñán a Gala de premiación correspondente ao IX Circuito …