Marcos Ruiz, 26º no campionato de España de ácuatlon

Marcos Ruiz nunha proba | Triatlón Ferrol

Marcos Ruiz pechou a fin de semana en Roquetas de Mar con bo sabor de boca ao facerse co 26º posto no campionato de España de ácuatlon elite.

Despois de que o sábado o seu grupo na natación se desorientase e completase moitos metros de máis, este domingo no ácuatlon o fenés do Triatlón Ferrol completou o primeiro sector con mellores sensacións quedando a cinco segundos do top-25 e gañando un esprinte na meta pola súa posición.

En cadete, Jorge Morado mantívose entre os mellores en todo momento para acabar sendo undécimo. Mentres, Carmen Jiménez volveu a non atopar o seu sitio na auga e rematou 24ª.

A Escola Javi Gómez Noya sumou tamén os resultados decomplétanse con David Campos -64º-, Hugo Prida -82º-, Álvaro Ordiales -125º-, Carlota Teijeiro -73ª-, Alba Méndez -76ª- e Lucía Santalla -119ª-.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …