Reunión en Cedeira para consolidar unha sección da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

O pasado sábado celebrouse en Cedeira unha reunión aberta para consolidar unha Sección local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, co obxetivo de impulsar e profundar na Recuperación da Memoria da veciñanza represaliada pola defensa das súas ideas de progreso, solidariedade e xustiza social.

É propósito, tamén, investigar sobre outros acontecementos e protagonistas da historia social da vila, para consolidar a súa lembranza e transmitila, sobre todo, ás novas xeneracións.

Convocarase, en breve, unha nova reunión, na que se irán perfilando as labores do grupo, que está aberto a todas as persoas interesadas nestes temas, e ás aportacións testimoniais, fotográficas, documentais que elas poidan facer.

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …