As actividades da campaña “O que se enchufa, recíclase” chegan esta fin de semana ao parque do río Freixeiro, en Narón

Un autobús dos recoñecidos Bolechas e dúas carpas informativas instalaranse esta fin de semana, o sábado e o domingo no parque do Río Freixeiro. A iniciativa, tal e como indicou o edil en funcións de Servizos, Ibán Santalla, responde a unha campaña da administración autonómica sobre reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos (RAEE): “O que se enchufa, recíclase”. A través desta
proposta, realizaranse obradoiros con nenos e nenas durante os dous días, sendo o horario de atención ao público entre as 11.00 e as 17.00 horas.

Esta campaña contempla accións informativas, de divulgación e concienciación sobre a correcta xestión e reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos e, a maiores, para o público infantil haberá unha actuación dos Bolechas –convertidos en superhéroes da reciclaxe dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos- no autobús que se instalará no parque de Freixeiro e donde os nenos e nenas poderán obter un carné de movemento RAEE. Así mesmo, haberá unha carpa na que se impartirán
obradoiros de debuxo e se realizarán actividades didácticas relacionadas coa reciclaxe, nas que participarán varios monitores, e outra carpa inchable cunmostrador no que se poderá xogar a través dunha pantalla táctil e donde se agasallará aos menores con produtos realizados con material reciclado.

A iniciativa contempla ademáis a instalación dunha pantalla na que se proxectará un vídeo informativo sobre Reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos e poderase ver tamén polo parque do RíoFreixeiro unha bicicleta con soporte publicitario desta campaña.

Para obter máis información sobre a mesma pódese consultar a páxina web:
www.oqueseenchufareciclase.gal.

A campaña, impulsada dende a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, chegará a máis dun centenar de concellos galegos.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …