O ferrolán Ricardo Carvalho Calero podría ser o homenaxeado nas Letras Galegas 2020

Ricardo Carballo Calero, tamén coñecido como Carvalho Calero, podría ser o homenaxeado na conmemoración das Letras Galegas do próximo ano. Á falta de ratificarse no pleno da Real Academia Galega, que se celebrará en breve, de momento existen dúas propostas impulsadas por grupos diferentes de académicos en apoio á figura do ferrolán para ser o protagonista do 17 de maio.  

Segundo trasladaron a Europa Press fontes consultadas, unha destas propostas conta co apoio duns trece académicos, entre eles a actual executiva da institución, mentres que outra está impulsada polos membros do plenario que levan seis anos presentando a candidatura de Carvalho Calero e defendendo a súa importancia como personalidade literaria digna desta homenaxe. Precisamente, este grupo de académicos trasladou certo malestar por este xiro da dirección da Academia, que interpretaron como un intento de desviar a atención sobre a exclusión do intelectual ferrolán da homenaxe das Letras nos últimos anos.

Esta situación levou este colectivo a facer público un comunicado para divulgar o seu punto de vista sobre esta cuestión, asinado polos académicos Francisco Fernández Rei, Manuel González González, Chus Pato, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Euloxio Rodríguez Ruibal, Manuel Rivas Barrós e Xosé Luís Regueira Fernández. 

Fontes da Academia referíronse publicamente ás dúas propostas como a “minoritaria” e “maioritaria”. En realidade son, por unha banda, a proposta que se fai por sexto ano consecutivo, e, por outra, o proposta froito da presión externa e interna, que ten como finalidade principal impedir que un grupo de académicos leven o mérito de presentar a Carvalho por criticar o rumbo que lle imprime á RAG a súa actual Executiva”, denuncian.  

Ademais de reprochar que se usase a figura de Antonio Fraguas, cuxos méritos “son innegables”, coa intención de “seguir postergando e marxinando” ao ferrolán desta efeméride, este grupo de académicos manifestou que entre os promotores da proposta “maioritaria” se atopaba algún membro do plenario que “se opuxo radical e combativamente” á elección de Carvalho Calero e que “hai só un ano” consideraba que “sería un atentado contra a lingua galega”.

Os promotores deste comunicado celebran, a pesar diso, que “por fin Ricardo Carvalho Calero teña o xusto e merecido Día das Letras Galegas” e non cuestionan “en absoluto” a “legalidade” da proposta alternativa a favor da figura do ferrolán. Así, reivindicaron o “inmenso traballo” de Carvalho Calero como “crítico, ensaísta e creador literario”, e tamén por encarnar os valores do “antifascismo e o galeguismo“. “Somos conscientes da opción reintegracionista que defendeu Carvalho desde mediados da década de 1970, pero consideramos que a Academia non debe temer o debate normativo”, sinalan.Riardo Carvalho Calera podría ser o homenaxeado nas letras galegas 2010

Lea también

Este viernes inauguración en el café Sevilla de la muestra “Talicía” de la estonia Triinu Tuul.

Este viernes, a las ocho de la tarde, se inaugura en la café Sevilla, en …

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *