Damián Suárez logra o Campionato Galego de atletismo infantil en 2000 metros lisos

Damián Suárez no máis alto do podio | Club Natación Cedeira Muebles García

O pasado sábado 22 xuño celebrouse en Lugo o Campionato Galego de Atletismo en Pista ao aire libre. A este Campionato clasificouse o atleta de categoría infantil Damián Suárez Couto, do Club Natación Cedeira Muebles García.

Damián correu a proba de 2000m lisos, que según o ranking autonómico, partía como un dos favoritos a pesar de competir con atletas 1 ano maiores. Fixo moi boa proba marcando unha nova plusmarca Galega e segunda mellor marca nacional con 6’36.34, que lle serviu para proclamarse Campion Galego desta distancia.

Esta marca foi unha das máis destacadas da xornada e chamou a atención da delegación ali presente, algo que dende o seu clube valoran pero entenden que soamente se trata dun premio a súa constancia e actitude de disfrutar co deporte. Non se pon obxectivos máis que os dé seguir adestrando e divertirse cos seus compañeros e outros atletas de outros clubes, que xa se coñecen e teñen unha relación moi boa.

Lea también

Reserva de entradas para el partido del Racing Club Ferrol frente al CD Tenerife

El Racing Club Ferrol gestionará la reserva de las entradas que el CD Tenerife le ha …