Presentada unha nova edición da Alteada e da terceira edición da Festa da Ameixa Rubia, en Narón

Os concelleiros de Festas, Natalia Hermida e Promoción Económica, José David Pita, e a presidenta da Asociación de Veciños Altea, de Xuvia, Isabel Allegue, Ramón Rodríguez e Marcial Puente, da citada entidade, presentaron unha nova edición da Alteada, que coincide coa conmemoración da terceira edición da Festa da Ameixa Rubia. Esta cita gastronómica será a vindeira fin de semana, o domingo 14 de xullo, no paseo marítimo de Xuvia, donde se instalará unha carpa baixo a que se sucederá a programación prevista para a xornada.

As persoas que desexen asistir poden adquirir os tickets da comida –a prezos populares e de balde para menores de 12 anos- na cafetería da Asociación de Veciños Altea –de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 20.00 horas-. O menú constará de ameixa rubia á mariñeira, churrasco, sobremesa e bebidas.

A programación festiva comezará a partir das 13.00 horas, con animación musical e ás 14.00 comezarán a servirse as racións de comida baixo a carpa. A continuación, haberá un baile e unha festa infantil que se completarán a partir das 16.00 horas con sesións de xogos tradicionais, nas que poderán participar tódolos asistentes e ás 18.00 unha festa da espuma.

Os representantes da AVV Altea recordaron que esta celebración se iniciou no ano 2002, se ben o menú daquel ano foi a base de mexillóns. “Naceu como unha festa reivindicativa, na que pedíamos o saneamento da ría e por fin vimos a luz; ao final fomos un graniño de area para que se sanease a ría e logramos manter no tempo coa colaboración do Concello esta festa gastronómica”, aseguran.

Os edís de Festas e Promoción Económica incidiron en que a celebración “está moi vencellada ao noso concello e a maiores fomenta o consumo de produtos da ría e tamén o turismo, polo que a Alteada, e dende hai tres anos a Festa da ameixa rubia son xa citas gastronómicas moi coñecidas tanto en Narón como noutros concellos”. Natalia Hermida e José David Pita animaron á veciñanza a disfrutar de esta convocatoria, tanto da parte gastronómica como da festiva, o vindeiro 14 de xullo.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …

Un comentario

  1. donde hay ameixa rubia en naron ? por cierto lo de sanear la ria esta muy bien pero a ver si el concello de naron va pagando los gastos de la depuradora