O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición no Torneo de Fútbol Sala OcioSol

Foto de familia tras a entrega de trofeos en 2018 – Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, anunciou esta mañá que o Concello de Valdoviño volverá a reeditar este ano a súa aposta pola celebración do Torneo de Fútbol Sala OcioSol. A partir do luns abrirase o prazo de inscrición para os equipos interesados en tomar parte. Poden formalizar a súa solicitude ata o 16 de xullo incluído na Casa do Concello (Rexistro Xeral na primeira pranta). Deben cubrir a folla de inscrición (que pode descargarse da web municipal), aceptar o regulamento e réxime disciplinario e adxuntar a fotocopia do DNI de todos os xogadores. A cota é de 11,06 euros por persoa.

O torneo arrancará o 22 de xullo e, a partir desta data, disputaranse partidos de luns a venres en horario de tarde, aínda que o calendario configurarase en función dos equipos que se anoten.

O torneo celebrarase na pista deportiva da Frouxeira, retomando a ubicación das súas primeiras edicións e, no caso de condicións meteorolóxicas adversas, os partidos trasladaríanse ao pavillón municipal do Longoiro. Así mesmo, Saavedra avanzou que a competición estará aberta á asistencia do público interesado en seguir os encontros.

O torneo terá dúas partes, unha fase de liga e outra final, eliminatoria. No caso de haber un número de equipos superior a oito, o torneo disputarase en dous grupos. Os catro mellores de cada grupo, despois de disputada a fase de liga, clasificaranse nun só e o resto pasará a formar parte da «repesca». Ambos grupos xogan tamén a súa fase de cuartos para cruzarse en semifinais.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …