Fene celebra o domingo o Día do Deporte na Rúa

Edición anterior do Deporte na Rúa – Concello de Fene

Fene celebrará este domingo 7 de xullo o seu Día do Deporte na Rúa. Será na Avenida de Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Círculo de Perlío, entre as 10,30 horas e as 14 horas, salvo en caso de choiva, cando as actividades se trasladarían ao pavillón de A Xunqueira.

A xornada, organizada polo Concello de Fene, incluirá unha morea de actividades. Entre elas, de equilibrismo (zancos, cable, monociclos, rulos, pedaletas), malabarismo (pelotas, platos, panos, cariocas, diábolos), obradoiro de chapas personalizadas conmemorativas, xogos infantís, baloncesto, baloncesto en cadeira de rodas, xogos tradicionais, obradoiros de enredo, slakline, fútbol, esgrima de foam por equipos, deportes de raqueta (bádminton, indiaka, shutleball…), carreiras, saltos, lanzamentos, tiro con arco, voleibol xigante, e decora a túa camiseta.

Así mesmo, aqueles que participen en tres actividades ou máis recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada ata esgotar existencias.

Nesta liña, o alcalde, Gumersindo Galego, convida a todo o mundo a sumarse á iniciativa e agradece especialmente a colaboración do colexio Jorge Juan, CCRD Perlío e Amigos da Chave de Ferrolterra na mesma.

Lea también

A Deputación destina 553.000€ para financiar ata 80 entidades deportivas da provincia

A Deputación da Coruña vén de conceder un total de 80 axudas a diferentes entidades …